Unha mirada de ollos verdes desesperanza.
Frío vello.
Rachas no corazón.
Non sei quererte mellor
pero si dabondo.
Frío vello.
Rachas no corazón.
Non sei quererte mellor
pero si dabondo.
A señora Xoana, di que lle acorda como me levabas da man e ías razoando comigo de todo canto eu preguntaba, que non era pouco:
Así que lle chamou mentireiro, marchou campante.
Busco un apoio incondicional que nunca teño, porque quen había estar non está. Hai unha órbita temperamental que me rolda “facendo eses” que me deixa indiferente na disposición do tempo. A madrugada vive pendente do abrente, o serán espera ansioso a noite e unha restra de horas sen intención pasan para gastar os resto do día.