(...) cando co primeiro dos meus caprichos descubrín un surtido de necesidades requisadas na aduana dun corazón resentido que cobraba arancel por desexos comitentes e facía contrabando de silencios (...)28/04/09
Ítem intangible
(...) cando co primeiro dos meus caprichos descubrín un surtido de necesidades requisadas na aduana dun corazón resentido que cobraba arancel por desexos comitentes e facía contrabando de silencios (...)21/04/09
Trazos
O sol cae sen custodia torrando a soidade mentres os paxaros cantan na tarde burlando as horas como se estivesen convencidos de que non ha vir a noite.Acomodo a virtude e a depravación do tempo, maquinando solucións ambiguas , mentres someto a vontade á invisibilidade do silencio.
Espero que o sono encontre acougo nos meus ollos nesta inminente noite chea de desacougos, e mañá será outro día.
15/04/09
Sarillo
Fuxo do que me segue,e vou detrás do que fuxe de min.
A vontade que segue a unha crenza
remata en práctica.
13/04/09
09/04/09
Xénese
Ilusións covardes en pasos desorientados baténdose en retirada.Non sempre fuxe o que volve as costas.
O medo intima co pensamento, inculcando maneiras de esquecer, de cortar polo san, mentres no corazón unha selva de raíces vivas, nutre o inefable empeño de quererte.
O silencio mendiga na filosofía das palabras mudas.
As horas de sono non dormen, pero soñan contigo.
06/04/09
Malfeitora

Mírome no espello dos meus soños, e espero sentada.
Teño a noite enteira para furtar recordos que me leven a ti, soa , o día é de todos.
Querer nos tempos que estamos é delito.
Teño que andar con tento, non estou acostumada a ser unha delincuente.
Teño a noite enteira para furtar recordos que me leven a ti, soa , o día é de todos.
Querer nos tempos que estamos é delito.
Teño que andar con tento, non estou acostumada a ser unha delincuente.
02/04/09
Tolería
Hoxe o doutor Pedrosa doume o diagnóstico das miñas constantes dores de cabeza.“ Tienes una conciencia emocional desmarcada, que regatea con la rapidez mental con la que filtras y asumes todas las cosas , y sincroniza la actividad intensa y responsable de tu ritmo de vida.
No hay nada malo, ningún descontrol, ni nada, tan solo sobrecarga.
Mi consejo: deja de ser un secreto”
Disque un secreto... manda carallo, era o que me faltaba por oír, nun día nos que todos me daban por unha tola.
Tiña que ir ao curso pola tarde e antes de entrar, mentres todos esperábamos na entrada explicáballe por teléfono aos meus, o diagnóstico do médico en relación das miñas dores de cabeza.
...
- Boh botoume un rollo de nervios e tensión, conciencia emocional, moita carga mental ... en fin o caso é que non é nada grave ó parecer mentres non se presenten máis síntomas, e se sigo nas mesmas pois nada, analxésico e descanso...
Nada que estou tola va... como todos pensades, e rin cun aceno burlesco de min mesma.
Entrei no curso, e coma todos estes días mantívenme calada, aparentemente atenta, pero ó fin en ningures.
No descanso todos saíron en avalancha para tomar o café da media tarde e eu esperei mirando pola ventá a que saíran para baixar en tranquilidade.
Sentín como alguén me collía do brazo:
- Ola, son Xan, son da provincia de Pontevedra, de Nigrán, e estou tolo.
Quedei pasmada, e nese instante pensei na morea de situacións estrañas das que son vítima.
- Oínte antes falando por teléfono, oínche decir que estabas tola, explicando un tema emocional ou algo así, resumindo e dicindo que estabas tola e eu solidario dígoche que tamén estou tolo.
- Ah, pois bueno, paréceme ben que estés tolo, de qué estás tolo?
- Tolería xeral, nada especial... coma todos non?
- Vaia pois mira tí, canto tolo solto
E rimos a cachada, coma se realmente foramos dous tolos dicindo tolerías.
Xan é moi feito, e de tolo non ten nin unha soa pinga. É profesor de ensino secundario e cando fala e intervén no curso, deixa a un coa boca aberta.
- Levo catro días mirándote seria, calada e firmando un documento de asistencia tan só por ter o cú ahí sentado, porque non me negarás que a túa cabeza non estaba aquí. Tes cara de pillabana, non deberas andar triste.
- Xan ti non sabes quen son, nin como son...
- Mimadriña que misterio... gústanme os enigmas
- Non son de interese Xan, non son un enigma, son un caso...
Xan é membro do meu grupo de análise de indicadores , e hoxe despois do diagnóstico xeral de tolería, fíxome rir.

01/04/09
Parábola
27 persoas debatendo problemas ambientais, coa conciencia en horas, e eu fitando calada, cansa, co pensamento flotando no limbo de ningures...- Haber compañera, tú que piensas? como describirías el concepto del que hablamos?
Boa pregunta...
Pero qué decir, se ningunha descripción que eu coñeza proporciona o punto esencial de este meu estado que tan distintivamente e tan libre de todo elemento extraño, conmemora horas enteiras pensando en ti.
Subscrever:
Mensagens (Atom)