27/04/10

Conclusións

Perdo a iniciativa acelerando nunha revolución de ganas amedrentadas.
Quérote sen compaixón de min, e loito cada día para perderte.
Sobre aviso estou, da ausencia de temperantes, nesta tarde calurenta, que bebe sede de ti.




21/04/10

Capturas

Sendo nena as lendas que me contaba o meu pai para ensinarme vida, levaban verdades pigmentadas en fábulas mesturadas de saber e distracción. Había contos de raposos polo monte que miraban atardeceres, paxariños vixiantes do ar, e arrecifes de coral cercados gobernados por tiburóns, onde o peixe escacho Galvao removía as augas cal pirata aventureiro, reivindicando a liberdade da súa vida no mar. Falábame de pesetas lambonas que roubaban o sentido das cabezas, e recriminaba o apurado desenvolvemento, augurando que o desorde da evolución nos deixaría no futuro a todos cunha man diante e outra detrás, e que así espidos viviríamos todos nunha infinita Sabana.


18/04/10

Convencementos

Hai momentos elocuentes que non nos acaban de convencer,
e deixámolos pasar.
Estamos afeitos xa, a incluír no día a día,
a actitude desafiante dos nosos pesares.


13/04/10

Absolutamente



A un paso de converterme nunha verdadeira marciana, mírasme con ollos de “No te creo”, e a min tanto me ten.
Teño un empacho de verdades, que saen por que me ocupan mais sitio do que teño nun adentro resinoso.
Consciente e afastada, quedo perenne para ti, e prometo silencio en cobertura.
De oírme están as orellas cheas.



07/04/10

Paciencia

Camiñar en paso curto con un murmurio interior que te conxuga en tempo presente co verbo precisar.
Pousarme coma un paxariño de bico calado que abonda o gusto mirándote ir, gardando o vento nas ás, a espera dun aire guiado que poida levarme a ti.

03/04/10

Días Santos

Cólicos retornados, fanme gardar vixilia a base de Nolotil en vena.
Algúns en días festivos,
estamos feitos uns Cristos.