30/03/10

Informes



Tomo en consideración
o pouco que debera quererte
e
as ganas que teño de TE querer.



24/03/10

Cancións e Conformes



... Como el "lindo gatito", fracasamos invariablemente
para diversión del personal que nos mira de reojo,
Y como el Coyote, nunca llegamos a la hora,
ni al lugar, ni en el momento preciso.


19/03/10

Penas Indefinidas

que todo sanda...,
todo, todo, non sanda non
Hai uns días no Sur, escoiteite falar nunha cinta gravada, das de aquela, e hoxe veño a felicitarte mirando o teu nome tallado en granito.
Esta vez a gusto meu, traio rosas silvestres e un millón de preguntas preparadas para non recibir resposta.
Alá no sur, escoitando os minutos gardados, oíase a todos falar nun barullo, da benquerencia popular a meu irmán.
Eu celosa, cunha voz aparvulada, recriminaba a todos a propensión por él, e ti sereno e suficiente dicías:
- E a ti, miña Pituka, a ti quéroche Eu.
Coa cabeza acordándome do conto, lembrei como me apreixabas forte e sorrinte e a min xa me chegaba.
Hoxe hai pais que brindan cos fillos, que estrean unha camisa, que saen a pasear...
E ti non estás.
Estráñote. Non máis ca calquera outro día pero levo tempo sentindo que todo me sae mal, andando en costa arriba, invocándote a cada paso que dou....
Oxalá estiveras para abrazarme, e facerme sentir forte.


15/03/10

Terapias

- Xa fartei de todo, de palabras ousadas, e das covardes…
- que me quieres decir?
- Que estou cansa, síntome débil
- Yo, que no veo, avanzo sin mirar, y tu quieres decirme que no puedes?
- Xa o estou dudando, agora penso que ata perdín cordura
- Yo creo que tus sentidos increíblemente, se agudizan más.
- Instinto tan só, iso é o que queda de min.
- Y tantas cosas más, que no valoras…

06/03/10

Abeiro


Voume refuxiar en quen
tan só
pode escoitarme...


05/03/10

Piropos estacionarios




… aínda non chegou,
pero ti xa miras
con ollos de primavera.



26/02/10

Dilemas

Teño un corazón encarnado coma o teu, cunha disposición consentida que namais que fai quererte.
Non sei se estou no teu corazón, ou tan só estou no teu camiño.
Calquera cousa me vale porque eu,
non mataría por ti
anque...
si morrería por salvarte.