22/03/13

Primaveras no ceo



Esperaches a que entrase a primavera, para marchar. 
Dende q faltas ti, todas as estacións son frías. 
Era, absolutamente marabilloso, ver nacer as flores das árbores e que ti me buscaras identidade en cada varelo.
14 anos sen ti.
Catorce eternidades.
Catorce  'non podo máis', tirando para adiante.







Mú + mú: silencio

21/03/13

Mecanismo victimario


 

Estas ganas de que entres sen chamar,
e de que logo,
te vaias pronto.


19/03/13

Fallos de motor




“A culpa é túa porque cando empeza a fallar algo, queres amañalo xa. Hai que esperar a que o fallo vaia a máis e logo mirar de que pode ser, e, se é o caso, cambialo.”


Non hai repostos.
Hai pezas que non se poden cambiar.
Hai fallos que non se amañan na vida.




(Papá, dinme que non teño amaño… tiñas que estar)


 



NI MU...

14/03/13

Pel e ferro




Construín a miña xaula, 
soldando anacos de vida.
Sodes libres de mirar,
 pero do enreixado para dentro,
todo é meu.

13/03/13

Curtida

 
Estaba sen roupa, tiña cicatrices, pero estaba indemne. 
Mireime ao espello. Arrepiei. 
Noutro tempo,  fora Caperucita, 
agora sentíame Tarzán.

05/03/13

Raudales en puridade

 

Quérote moi de verdá, aínda que o silencio, tape. 
Non colles nun corazón de letra. 

Dor (por dentro)





Escollía  non nacer, se tivera opción.