23/06/09

Vésperas

Macerar recordos en bágoas cristalizadas e acubilladas nos lacrimais, que esvaran na intimidade dun tempo nulo.
Teño unha fenda aberta no corazón, dilapidado “en”, “para” e “por” e nun cachiño, persistindo, un abrocho de afán e tenrura e unha imaxe túa de propina.
Os días roen tempos crús.
E a desesperación prendida sen autorización, anda quentando ó aguante que espera a mañán para lavar a cara con auga de San Xoán.