Sempre busquei, cun por qué? de man, unha explicación a todo.A explicación dun por qué? é xenial cando se dicta en palabras un pensamento, un sentimento, un saber.
E cando algo non se pode explicar, cando non hai un porqué definido, nin razóns, nin bases, o porqué vólvese transxénico, mestúrase con un SI insolvente e acaba nun PORQUE SÍ rotundo e persistente.
Teño un PORQUE SI no corazón, famento, comendo anaquiños das túas sombras nunha vixilia concertada co pecado de quererte.
Para que vexas ti, que eu tamén estou algo alterada.