19/05/10

Chicanes

Os espellos míranme de esguello escatimando en gusto, mentres ti fitas con cara de costume valorando os poucos xeitos de fina que me quedan.
Falan de que hai unha fórmula maxistral para querer, unha mestura de afán e día a día, que perde propiedades conforme ó tempo administrado.
Teño un peto que aforra gardando zapatos vellos, e unha idea empeñada, que subsiste no rebufo dos pasos.