
Sara durme a sesta arrolada por Machín, coma min cando era nena, despreocupada de tempos e temores. A miña cabeza fai álxebras co pensamento e fóra bailan tres cerdeiras ó compás do nordés. O día garda silencio mentres gozo dunha litografía de ti estampada no mirar, e suspiro co teu recordo que abeira por un carreiro de a pé, ó corazón.