17/08/12

Rutinas e propósitos

Axendar que te sigo esperando, mentras escoito as cancións que dedicas ó aire que ela vai deixando atrás. Saír a pasear por unha estrada nacional, facendo dos pasos de peóns un taboleiro de xadrez, para xogar a dúas beiras coa vida e mirar as distancias de freada. Emborracharme de ganas, subornar ás árbores cun millón de primaveras para non responder preguntas de outonos e de invernos, conquistar á noite con horas de desvelo, vestir as paredes con sombras, esperar un día, outro, e outro, musicando un himno de intencións,  para cantar,
cando xa non volva máis.