Realismo Infuso- Mira que noite fermosa, as nubes deixan ocos con estrelas, os grilos cantan…
- Non cantan, tan só moven as ás…
Realismo Máxico
- Sabes que afundiría un barco por ti?
- Sei, que eres un magnífico pirata…
Realismo Cruel
- Gustoume o manequín con vestido azul, de temporada.
- Mirábate dende o escaparate...
Amor en aduanas.
Tempos de crise e estafas sentimentais.