Ascendín a Capitá, despois de anos sendo oficial de ponte.
Son unha CA PI TA NA, e teño un caderno de bitácora aleccionado de manobras de arraste, lances equivocados, rumbos alterados, e portos nos que nunca se debe parar.
Teño máis de mil golpes de mar bravo no peito, e cicatrices, que o sal, me axuda a curar.
Dende a cabina de estribor controlo o rumbo, e a velocidade da miña propia vida.
