13/10/14

Timón e mar aberto


Cando íamos no noso barco de camareta, eu xogaba a ser unha mariñeira experta, á orde de papá Capitán. Teu avó sempre dicía que a vida buscaba rumbo igual ca un barco no mar aberto, e que cada barco ía guiado por un capitán e un timonel.
Fai anos que ando á deriva nese mar do que teu avó falaba, pero agora chegaches ti, e contigo, o meu recalar.
Eres o meu luceiro, o meu sol cenital, o horizonte
Agora non hai mar que me intimide
Benvido a bordo, amor da miña vida...