22/06/10

Apaños



Desconfío das mañás radiantes e co transcurso dos días chégame o desencanto aos pés. Menos mal que, a vontade antolladiza de pensarte sustenta o teu recordo subido nas alturas do pensamento.





18/06/10

Ou sexa

Cala.
Mirar abonda.
As pestanas abanican as verdades.



06/06/10

Partes brandas

(Por ti)
Sabor a cru,
corazóns partidos...
(En min)
Hai sabores que non se desgastan nunca.
Hai cachos de corazóns que se derreten na boca.



26/05/10

Paradas


Lambo a cotío as espiñas do tempo que vai pasando.
Meu corazón é mol.
A alma pésame se deixo de camiñar.
Sen riqueza algunha, levo de provisión a valentía de quererte tanto.


19/05/10

Chicanes

Os espellos míranme de esguello escatimando en gusto, mentres ti fitas con cara de costume valorando os poucos xeitos de fina que me quedan.
Falan de que hai unha fórmula maxistral para querer, unha mestura de afán e día a día, que perde propiedades conforme ó tempo administrado.
Teño un peto que aforra gardando zapatos vellos, e unha idea empeñada, que subsiste no rebufo dos pasos.





11/05/10

Tentares


Porta aberta ó inconsciente
Monomanía de ti
Desquite de querer e cortesía.



06/05/10

Piantaos


“La diferencia entre un loco y un piantado está en que el loco tiende a creerse cuerdo mientras que el piantado, sin reflexionar sistemáticamente en la cosa, siente que los cuerdos son demasiado almácigo simétrico y reloj suizo, el dos después del uno y antes del tres, con lo cual sin abrir juicio, porque un piantado no es nunca un bien pensante o una buena conciencia o un juez de turno, ese sujeto continúa su camino por abajo de la vereda y más bien a contrapelo, y así sucede que mientras todo el mundo frena el auto cuando ve la luz roja, él aprieta el acelerador y Dios te libre.”