
A sinfonía que se crea no compás 200/50 ten o seu ralentí fundido nun enrame de corpos.
Esta paixón furtiva, distingue moi ben o prezo do valor, e resta vantaxe a uns méritos adquiridos ó largo de anos.
A cordialidade regalada e non emprestada, os bicos que emerxen a cada minuto sen necesidade de ser requentados de segundas, os tempos empregados en mirar, a forza esgrimida nos lazos, os intervalos de recreo que serven de impulso, os por qués? que non se piden, os para qué? que non se explican, e os cómo? que non interesan, as cohibicións cautelosas... irán a parar a unha cárcere de 10.000 recordos xa inventariada, reforzada coas caricias impresas na pel como bibliografía de apoio a tanta retentiva gardada.
O manexo das matemáticas de primaria simplificando ós elevados, revalida ós pares e os impares sen facer operación algunha.
Ti non prohibas, evita se non queres, pero non prohibas.
Eu teño permiso do meu remordemento estoico para aventarme dunha gaiola de ouro como desquite ó meu posto de dedicación exclusiva.
Doutra banda outros teñen en posesión os corpos, as caras e as costumes as que aspiran.