25/08/08

Aguante

Agora cos ollos anegados, estremecendo no medio dunha amargura pronunciada, busco desesperadamente o lugar máis distante do mundo.
A firmeza vacila no medio dunha galerna moral, que desterra ós ánimos e repatria fraquezas aguerridas, que minan un corpo feble.
Teño como conforto retentivas dos regalos emprestados divagando e punteando retrincos de encanto, que dan fulgor a un ollos abatidos.
Pido un aspecto anatómico que non transparente, e un fío de nylon que sustente un ánimo decaído.