J. Strauss quéreme volver princesa e eu son só unha serva salvaxe. Eu danzo con zapato raso as súas sinfonías, nun recinto pechado co aire como par.Por veces amanso e ansío un corpo que me envolva e me balancee ó xeito dalgún compás, por veces ansío que alguén me conte e me dedique e poder tan só escoitar e recibir , por veces a miña cabeza tola acouga pensando irrealidades.
Teño un medo valente propio da miña natureza salvaxe que lonxe de irse achicando aumenta co paso do tempo e non se dá curtido.
Todo se volve unha conta... un, dous, tres... un, dous, tres,... xiro e volvo a empezar...