16/09/08

Desabafo

- “ non chores, que magoas.
Ri que tes un sorriso bonito e das alería” -
E levo unha vida dedicando a cada paso sorrisos que nacen de rutina, pero os meus ollos agora tremen de frío. Fago nós de tres lazos nunha gorxa que entoa prensada conversas correntes que queren despistar cavilares.
As veces non podo.
A “ras” así que pouso, collo impulso para volver levantarme.
Namentres as miñas letras mal escritas agochan as tristezas que me minan esperando a que cambie a coiraza.