Cada un ten o que lle toca, o que quere ou o que escolle, a según.Recordo o día que me preguntaches por qué non creía, e por qué esperaba un rescate.
Aínda hoxe non sei contestar de xeito directo ben a esa pregunta, porque necesitaría que por un intre sentises dentro de min.
Antes con medo tremíame o corpo, agora con pánico impotente trémeme o mundo. Despois de todo o pasado, despois dunha vida adversa, farta de pasar malo e peor, coma un tanque de combate, é agora cando os menos gañan aos máis e ameazan con desintegrar un ser desalentado.
Estou esperando con retardo o rebote que me faga subir un pouco porque de non ser así, esta vez o golpe será demasiado forte.
Renunciar sempre e cando teña un cometido pode ser aceptado, renunciar por norma de estilo é totalmente inxusto.
Eu saín da nada, e fixen de min o pouco que son, tocará noutra volta, intentalo de novo.
Tal comodín que está só no medio de cartas e serve de calquera, nunca serei pau de trunfo.
Dóenme os ollos porque choran sen descanso, e queren mirar e gravar, castigando a unha cabeza que ha ter que lembralo todo por sempre.
Ós que me emprestaron os presentes que me aloumiñaron a cara, grazas, quedarán para sempre as emocións sentidas, e eu serei para eles por sempre.
Ei vestir esta tristeza de sorrisos, ei pintar a cara coa aparencia que todos queren ver diante, pero mentres deixádeme penar...