O mellor regalo do Nadal, foi un paquete Cordobés cunha cinta gravada do ano 1992, onde falaba o meu pai cos tíos andaluces e comigo.Oír a voz de meu pai escachando nelas, volveume a sentar no seu colo cos ollos coma pratos rindo a cachada, e sentinme feliz.
90 minutos de conversa, de chistes, de contos, de saber, de tenrura...
...
- Teño este meu Pitukiño que me leva os días da vida, non é pequerrecha?
- e logo cantos días ten a vida, papá?
- todos os que se poidan contar, haber se moitos
- e eu cantos che levei?
(Grazas Tío Victor)