Mirando pasar o tren no medio da noite a través dun cristal mollado con auganeve, fago cálculos dos días e saio á conta de que tanto ten que sexan bos ou malos porque ó fin seguirán contando 24 horas, e tan só cabe administralas do mellor xeito que se poida.A desgana é unha rede de arrastre que non fai escollas, que me deixa o corpo revolto e baleiro, que me fai moi díficil centrar a atención en algo, e me deixa sabor salgado na boca.
Así, na madrugada, voume tapando con horas de noite, para despois no amencer destaparme e facer fronte a horas diúrnas.