Hoxe a carón do mar, quero levar o pensamento a mil millas de ningures, e non pensar. O corazón ten o pulso da sístole e a diástole das mareas, mentres os ollos fitan cativos o vaivén sen repouso e ondeante.A tarde recolle ó sol no horizonte, e escatima en cores escarlata ás ultimas horas soleadas.
Con todo, o tempo roleiro, párase no recordo unha vez máis, e sinto esa especie de abandono que me encadeará ó insomnio e a amargura.
Terei que aguantar en silencio, a presión desa unción máxica que sigue a rebulir por si mesma e que acabará ardendo no seu propio lume.