Ando a pensar nas reprimendas sen acuse, que se encaixan con sorrisos sumisos, inconscientes da falta. Na inseguridade trémula, que busca amparo ás caladas, co tempo xogando ó tute cabrón, nos recalcos do que me espera, no proteccionismo que testo, e me pon a min en perigo, na debilidade que sinto cando te penso, contando que xa non me pensas.
O ambiente cheira a pólvora, gas veleno, revoltura.
Penso, mentres o quinqué dos meus ollos, alumea sutilmente por non poder mirarte, e me tapo cunha manta de palabras que se leen, escriben, oen, din ou non din, que se gardan.