19/03/12

Días e datas

Hoxe sería o teu día, pero seguen sumando os anos nos que non estás. Lonxe de curtirme, sigo levándote cravado, e blasfemo coa idea de arrasar o mundo enteiro por volverte a ver. Fai 13 anos que non quedan consellos nas follas do calendario, un dos últimos que me destes foi “anda amodo, vive ó día, mañá é tarde e hoxe pronto acababa”. Pero os días corren, quizais escapan, e eu tamén.