Hoxe non era un día propicio para probas de presión. Hoxe quería gardar silencio, quería que me adiviñaran que buscaba unha aperta como refuxio para o xenio que me producía ver xirar o mundo, sen estares ti. Pero, o mundo xiraba igual, a dor andaba de atrás a diante perforándome o recordo e rodeada de xente, non atopei ninguén.