23/10/09

Maneiras

Así que lle chamou mentireiro, marchou campante.
El quedou coa cara de quen leva un moquete sen esperar, cun xesto desencaixado. Non lle dixera nada máis ca iso. MENTIREIRO, en letras grandes e no ton que acostumaba a usar cando dicía as cousas segura e certa. Para iso tiña un don especial. Sabía desencaixar a un cunha palabra, unha soa, que parecía enumerar unha restra de consignas proporcionadas con cada sílaba da mesma, e a culpabilidade era unha traca que estoupaba no pensamento.
Acababa as frases con puntos supensivos... deixando sempre algo gardado na última palabra, e xogaba sempre co tempo que lle daba a razón cando ela quería.
Non facía mais mal ca ese. Decir a verdá en triscos e calar en intervalos.