A señora Xoana, di que lle acorda como me levabas da man e ías razoando comigo de todo canto eu preguntaba, que non era pouco: - Fita eses ollos grandes en quen lle fala, e presta tanta atención que non dá un contado contos señora Xoana, leva un o día contándolle e falándolle, cando estou na casa escuso outro labor, todo lle inquieta, é coma unha bubela.
Hoxe en silencio están, dous ollos grandes mirando o teu nome en granito, rodeado de “velloritas” túas e miñas.
Síntome soa. Sigo chea de inquietudes, que ninguén me pode explicar.
Detesto estes días de mais, onde me afoga a dor de botarche tanto de menos.
Detesto estes días de mais, onde me afoga a dor de botarche tanto de menos.