12/10/08

Así foi

Reinou o aguante e todo saíu como todos querían.
Entrou semellando segura do que facía, asentiu en todo canto lle propuxeron e non dou marcha atrás.
Asinou un vale por certo tempo, custodiando así as ansias de quen llo merecía. Había algo máis.
O corazón latexaba a dous ritmos incompatibles, mesturando as sensacións que repinicaban nun corpo de exposición.
No baile prodigábase un ano máis a tres tempos, no medio de luces de cores.
Empezou o balbordo, e nun cambio de parella, outro valse que contaba horas e non anos, trenzou acompasadamente a dous corpos imantados.
Ela quería o bico que el estivo a piques de darlle e que acabou nunha copa, quería que os seus brazos longos a apertaran forte.
El con máis de unha copa de máis confesou que a quería un pouquiño, sabendo de antemán que era correspondido.
Ela danzaba deixada disimulando a angustia vestida de branco, e ninguén soubo nada.
Hoxe érguese coas mesmas ganas de nada, co mesmo pensar fuxitivo e un anel dourado.