30/10/08

Veda

Son pecadora promiscua dun tempo que non se alía e vivo en compaña de soidade a turnos alternos, mira ti que é de min.
Muda para non decir verdades, velada en noites coa lúa ocultada por unha persiana, disfrazada de “ok”, encofrada con canas de bambú, a veces penso que estou no medio dunha xungla, tocando a pandeireta.
Conformistas conformados, cada un con cada quen, todas as ganas vedadas, ollos con vista de alcance, bicos prensados na boca, e un desexo de fuxida pendente do rebote.