09/11/08

Así

Chegastes ó meu corazón sutilmente coma unha tentación, e enchéstelo de inquietude. Arribaches nun corazón escaldado, que perdera o gusto a querer.
Despistástelo furtivamente coa regalía emprestada da túa compaña, querendo NADA de min, rogando tamén con NADA, e nunca tanto me deron.

Agora as ansias que me impacientan lévoas tatuadas nos pés, de ahí o meu andar apurado que me leva a ningunha parte.