02/11/08

Pasa

Está ben.
Ti sabes comportarte, sabes como ten que ser.
O que pasa, e que fai 25 días hoxe sen dar nin recibir un bico, namais que os que se dan por que veñen no guión.
Pasa, que o feito por ben, a min faime mal, que sigo sendo libre pero teño un niño nun póla asignada e que non dá chegado o cambio de estación.
Pasa que teño un contrato indefinido que non dá seguridade na crise na que estamos.
Pasa que non quero estar, que quero fuxir dunha vez por todas e desentenderme de todo pero sen desertar.
Pasa o que nunca me pasou e agora pasa.
Pasa que non me dá pasado.
E pasa tamén, que ti sabes o que me pasa.