Xogabas comigo e deixábasme caer cando vías que non había dano, para ensinarme a levantar.Contábasme contos de aventura e intriga para que tivese afán por todo.
Apertábasme forte cando tiña medo, para quitarme a impresión.
Ríasme cando eu choraba, cantábasme baixiño, falábasme de todo, levábasme da man...
pero ti tamén dixeches que todo iría ben, que nunca me había faltar de nada, e con reserva de todo, vai e fáltasme ti.