05/01/09

Ela...

Vive nun complexo meritorio rodeada do que nunca tivo e quizais non quixera ter, e nun edén de tristeza e soidade das portas para dentro.
Mira o mundo coma unha bóla que roda levando patadas e fita os ollos que se cravan como espiñas .
Machuca no sabor dun chicle de sandía o sabor amargo das palabras que quedan agreadas no medio da gorxa,
e desafía a agorafobia que a veces sente esbozando un sorriso dedicado a quen a mira.
Apura o andar sen ter présa, e sente medo a cada paso pero agáchao na sola dos zapatos de tacón.
Consigna canto pensa e cre con boli bic en folios brancos e fai retallos na computadora que non fai durezas nos dedos.
Cre que non cre en nada, pero dalle voltas a todo
Tamén, cando se fai á idea, pensa que é unha plebea condecorada e espreita como os trobadores gastan rimas dedicadas indiferentemente.